El Colegio Rural Agrupado Ría del Eo, de Vegadeo, presume de conciencia ambiental: "Ta nel noso ADN"
A escola, qu’este ano ten el souto como filo conductor da súa programación, acoyéu un tayer d’inxertos pra celebrar el Día del Árbol

WhatsApp Image 2026-03-23 at 12.45.54 /
Dice A Real Academia Española (RAE) que inxertar é "Introducir en la rama o tronco (d’un árbol ou pranta) alguna rama de otro árbol o planta en que haya una yema para que pueda brotar". Nel Colexio Rural Agrupado (CRA) Ría del Eo, con escolas nas localidades veigueñas de Piantón y Abres, non solo saben a teoría, senón que lo levan á práctica gracias al sou esperto de cabeceira, el tapiego Marcelino Loza, que deu un curioso tayer d’inxertos col que conquistóu a os máis pequenos. El actividá é a el xeito elexido pol colexio pra celebrar el Día del Árbol, que se conmemora cada 21 de marzo.
"Doi úa xornada mui especial d’aprendizaxe interxeneracional, na que nenos y grandes compartiron conocementos, esperiencias y muito entusiasmo", celebróu el CRA nas súas redes sociales, resumindo úa actividá que xa é un clásico na súa programación. Ademáis, al acabar, cada neno levóu pra súa casa un manzaneiro inxertado "fomentando asína el cuidado da naturaleza tamén nas familias".
Conta el director del Ría del Eo, Paco Rivas, qu’ésta actividá encaxa mui ben col ADN del colexio, que fai muito enfouto en tresmitir a conciencia medioambiental a os nenos. "Sempre intentamos tar á vanguardia nesto y sobre todo agora. A reíz dos grandes incendios sufridos en Asturias fai pouco, vémoslo máis importante que nunca", recalca Rivas. D’ahí qu’este ano nun tuveran ningúa duda en ter os soutos como filo conductor da súa programación del ano escolar, baxo el lema: "El bosque es vida". Outra importante cita anual nel sou calendario é el Día Mundial del Medio Ambiente, qu’este ano celebrarán en xunio con un viaxe al conceyo vecín de Taramundi.

El tayer en Piantón. / LNE
"Temos mui presente lo que dicía Miguel Delibes y é qu’hai cousas que son de todos y hai que cuidalas", añade Rivas, qu’agradece muito el compromiso del profesor Marcelino Loza, que leva anos colaborando coa escola. "Os nenos tan encantados con él y tamén as familias que participan nas actividades, porque sabe muito y ten resposta pra todo", señala Rivas.
El tapiego, profesor de Secundaria retirado, é especialista en frutales, sobre todo, en manzaneiros. A esta especie, el manzaneiro, dedicóu el sou trabayo fin de carreira fai cincuenta anos y leva toda a vida aprendendo y investigando sobre este frutal. Na súa horta, da localidá tapiega del Viso, ten sesenta y oito variedades distintas de manzaneiros.
"Intento qu’os nenos aprendan qu’el inxerto é un xeito de reproducción mui fácil de conseguir y que proporciona prantas de maneira mui económica", apunta, convencido da importancia de que nun se perda a técnica. "Enséñoyes os tipos d’inxerto, de púa y de yema. El de yema faíse en agosto, asina que nel tayer fago inxertos de púa y tamén yes explico as condicióis que debe haber pra facer el inxerto. É mui importante qu’el patrón te máis adelantado qu’a púa", conta Marcelino Loza.
Deixa claro que nun é difícil facer inxertos, pro sí hai que ter dalgo de práctica y conocemento. Con elos, a posibilidá de qu’el inxerto prospere é mui alta. El especialista visitóu as dúas escolas del CRA y, al acabar, entregóu a os pequenos os manzaneiros inxertados, de variedades diversas como Fuxi, Opal ou Repinaldo. "Nesta zona había variedades tradicionales que se foron sustituindo por outras máis comerciales, pro tamén con máis problemas", apunta. Marcelino Loza disfruta compartindo el sou conocemento cos máis pequenos y deixando a somente d’un conocemento ancestral y mui importante que pode desaparecer.
- Adiós al uso de la baliza V-16: la DGT explica su fecha límite de uso por conductor
- Aviso a los conductores con coches con matrículas 'L' y 'M' tras la norma obligatoria: la multa de 200 euros por no llevar ya la v-19 que ya pone la Guardia Civil
- Un conductor circula a 115 kilómetros por hora por autovía y la cámara le multa por no llevar el elemento de seguridad obligatorio dentro del coche: la Guardia Civil extrema la vigilancia
- Mañana se esperan colas kilométricas en Lidl para conseguir la maleta de viaje todoterreno más barata del mercado: por 26,99 euros y 70 litros de capacidad
- Mañana se esperan colas kilométricas en Action para conseguir la maleta-mochila para cabina más barata del mercado: por 9,99 euros y capacidad de hasta 20 litros
- Multado con 500 euros en vez de 200 por no tener la señal v-15 colocada a la hora de aparcar: el Gobierno modifica la ley que endurece las sanciones
- Rodrigo Cuevas, el niño que saludaba por la calle cuando volvía de pasar el verano en Rodiezmo, regresa a Oviedo
- Adiós a la baliza v-16 y uso opcional tras su compra obligada antes del 1 de enero: 'No será exigible su conectividad con los sistemas de detección