La Nueva España

La Nueva España

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Miembro de l'ALLA (Academia de la Llingua Asturiana)

A Manolo nel recordo

Unha triste noticia

El domingo à tardía, un amigo común deume a triste noticia da morte de Manolo, el Galano como lo conocemos todos os que temos algún interés pola fala del occidente astur. Y anque nun foron muitas as veces que faléi cara a cara coél bastáronme pra saber que taba delantre d'un home de corpo entero. Al recordalo veúseme à cabeza a primeira vez que lo saludei, aló pol ano noventa, con motivo d'unhas xornadas que se fixeron na antigua Facultá de Filosofía y Letras. Taba eu expoñendo as posibilidades d'unha gramática pra modalidá eo-naviega y xa case al final comentaba cómo a pesar de teremos muitos falantes contábamos, daquela, con mui poucos textos escritos. Facía a salvedá d'un autor, un tal Manolo Galano, qu'escribía obras de teatro na fala autóctona y cómo nelas fora quen a reproducir con gracia y naturalidá toda a espresividá que tein as falas populares como a nosa. Cuando dixen esto vin cómo dous homes, que taban sentados n'un dos primeiros bancos y que pola edá contrastaban coa mocedá del resto del auditorio, mírabanse un pral outro y sonrían. Nun sei por qué pro pensei para mín, un d'estos é el Galano. Y efectivamente, al acabar acercóuse a mín y díxome: usté nombróu al Galano, pos tenlo usté delantre. Así foi cómo lo conocín. Despós volvín atopalo en homenaxes que ye deron, en presentacióis de libros ou cuando lo fixeron académico d'honor del Academia da Llingua. Nun foron muitas pro abondas pra qu'entre nosoutros nacera un aprecio mutuo y pra que dos parzamiques que botamos eu puidera darme conta que taba falando con un home aposentado, sensato, amigo dos sous amigos y bon con todo el mundo, y que nun s'estremaba muito d'algunhos dos personaxes dos sous sainetes.

Se tuvese que destacar un rasgo da súa persona como escritor diría, sin dudalo, a humildá. É un referente lingüístico pra todo aquel qu'empece a escribir en galego-asturiano, conocedor como poucos del léxico autóctono y un maestro nel dominio del diálogo popular. Porque non sólo conocía as palabras senon qu'era quen a embelecalas nun relato unde coyían toda a súa espresividá. Sempre fixo uso d'unha fala mimética, espeyada, nel miyor sentido da palabra. Y podía facelo porque la conocía dafeito. Y conocíala, non porque la aprendese, senon porque era a súa. A espresión dobrégabala às situacióis: pousosa se facía falta, nerviosa y viva se lo pedía a ocasión. Os escritores máis novos poderán quizáis ganarye en recursos y altura literaria, en autenticidá non. Pro Manolo nun quería facer sou este papel de referente y remaquiaba unha y outra vez qu'a súa intención, el sou detremino al escribir nun era outro que deixar constancia d'unha fala qu'iba camín d'esqueicerse.

Quen se chegue al obra del Galano, xunto a esa autenticidá y espresividá lingüística, vai atoparse con unhos relatos dos que pinga naturalidá a cheas. Soupo espresar como naide el carácter das xentes da súa zona, os conflictos cotidianos y comuis que se van desembeleñando sin grandes sobrosaltos -nun era Manolo amigo de zarabandas y radicalismos- todo elo adobado, anque fosen situacióis ben amoladas, con un faraguyo d'ironía. Ler os sous relatos de Parzamiques, os sous sainetes de Erguendo el telón ou os sous artículos de Vento d'outono é el miyor xeito de conocer as peculiaridades, a intrahistoria das xentes da marina occidental.

Foi este trabayo literario y lingüístico de Manolo un dos culpables de qu'el Academia volvese os oyos pra esa zona del Navia-Eo, tan esqueicida por esta y outras institucióis, y se dese conta qu'ei había unha variedá lingüística con unha especificidá propia y con un porcentaxe de falantes que nun podía ser desatendida. Así lo entendeu el Academia y con bon acerto empezóu a publicar algunhas das obras de Manolo Galano. Y con mayor acerto einda, reconoceu el sou labor d'anos y anos y fíxolo "académico d'honor" da súa institución en 2006. El Día de les Lletres, cuando Manolo pronuncióu el discurso d'entrada como académico, muitos da zona, novos y menos novos, fomos arroupalo, amántalo como ye gustaba decir a él. Pro démonos conta axina que nun facía muita falta, porqu'al pouco d'empezar a falar xa tía nel bolso metidos a todos os asistentes coa súa gracia natural non aprendida. Pola acoyida y polos aplausos da xente qu'aquel día taba nel Filarmónica d'Oviedo puidemos comprobar que, como me pasóu a mín a primeira vez que falei coél, conocer a Manolo era empezar a querelo.

Por eso hoy, coa súa morte, somos muitos a os que se nos foi un amigo.

Compartir el artículo

stats