La Nueva España

La Nueva España

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

La columna del lector

Carta d'agradecemento a os Reis Magos

Ayer despóis del diario paseo el noso amigo y pesao xubilao, Bras, deume a copia da carta que me dixo yes mandara fai us días a us Reis Magos. ¡Qué acordos ten este home! Dend'hoy que foi el día de reis y el tempo que falta einda pra que volva esa fecha outra vez. Dixéranos que l'iba mandar, peró non yo cremos hasta agora que la vemos. Bras, ser evos el demo peró, eso sí, e muy justo y agradecío. Póñovos a carta despóis del punto pra que véxades que enterao tá y que razóis expón pra pidir lo que pide.

"Queridos Reis Magos de Oriente: Teño que darvos as gracias por lo ben que vos portástes este ano mandándonos tantas cousas. Incluso xa antes de que s'acabara el que pasou veron algúas. Mandástes quitarye as goteiras, darye cal as calvas y pintarnos a nosa Torre del reló, nas Figueiras. Quedou muy guapa. Tamos muy contentos. Bueno, téñovos que dicir que taríamos einda máis si non vos esqueicera mandar amañar el reló depaso, pos tan axina anda ben ua temporadía como outras adelantra ou atrasa lamar. Fai cinco ou seis meses tamén mandástes amañar a explanada del noso muelle. Amañástesla y quitástes parte dos coches d'alí, evitando un pouco el piligro qu'abía. Según LA NUEVA ESPAÑA, tamén, van amañarnos axina dous ou tres aparcamentos. Un muy grande na Lagúa, pra que quepan todos os coches da contornada. El pasao día seis d'este mes el mismo piriódico díxonos que a Consejería de Desarrollo Rural invertirá más de medio millón de euros en amañar camíos en Navia y Castropol. ¡Tades ben expléndidos, queridos Reis!, pos esa cantidá sonche muitos cuartos. Son máis de oitocentos millóis de pesetas. Con parte d'elos dicen que nos van amañar carreteras y pistas que taban muy desfeitas, que daba pena verlas dende fay anos. Como a que vai de Porzún a Sabugo. Xa antes de Reis, na Nueva España del 15 de decembre pasao, ricibimos úa búa noticia. Vía en letras grandes y dicía: "Castropol rebaja un 95% la plusvalía en transmisiones de padres a hijos". Pos a min non hay quen me quite da cabeza que tamén vosoutros tedes a culpa de que nos baxen agora ese impuesto que ye chaman da plusvalía. Impuesto que tanto nos pesa grabándonos hasta a curtía da casa unde vivimos. Bueno, sei que é máis el ruido q'as noces, pos ese 95%, según se vé na foya del Ayuntamiento, aplicarase namás con certas condiciois y non a tabla rasa como pensan muitos. As veces por culpa d'ese impuesto, si temos que vender por necesidá pagaremos por obligación anque se perda na venta. Pos anque naceo pra cobrarse condo había ganancias, dende fai muito cóbrasenos tamén anque haya mermas de valor al hora de vender. Einda anque non se venda, simplemente por el cambio da titularidá al familiar que hereda. Condo eso pasa abúrannos, chántándoyo a os heredeiros que quedan. A algún casi lo arruinaron ou mataron de todo a disgustos. A propósito, queridos Reis, a ver si podedes faguer que podan reclamar os fiyos lo que pagaron demáis al ayuntamiento por vender. Ou lo qu'e pior, por ter que pagar al ocurrirseyes a os padres morir condo non debían. A este impuesto ruin sigue chamándoseye nel pueblo "de plusvalía". Peró como se foi faguendo muy impopular, sobre todo dende que se empezou a saber que a recaudación de cobrarlo era pr'l Ayuntamiento y non pr'Hacienda pública, cambiáronye el nome. Poñéronye un máis disimulao pra que sonase meyor y parecese que mancaba menos q'el d'antes: "Impuesto sobre el incremento del valor de los terrenos de naturaleza urbana". Muy guapo, si señor.

Y xa pra ir acabando pra non cansarvos al dicirvos lo que xa sabedes, queridos Reis, queremos que sépades que tamos muy contentos y agradecíos por todo lo que nos mandastes, tirando as portas por as ventás. ¡Muitas gracias!

Y agora que non vos pareza mal lo que vos vou dicir, pero e que levo muito tempo dándoye voltas. Os que xa temos certos anos levamos oservando que cada cuatro, condo van vir as elecióis municipáis, osmamos que vades conceder más peticióis que condo nun las hay, y acertamos sempre. Estón, despóis de falar de todo esto con os meus vicíus y amigos xubilaos que pasiamos a diario, témolo todo isto muito máis claro agora q'antes. Por eso, nel nome de todos elos y nel meo, dígovos que tamos d'acordo en feirvos con tempo abondo úa petición agora xa pr'al ano que ven. Nun vaya ser que nos esqueiza si esperamos, pos cada ano que pasa temos menos mimoria y despós igual queda todo por aló: Traguédenos elecióis municipáis cada menos tempo que agora. Non vedes que cada cuatro anos e muito tempo de Dios. Non vedes que en todo ese tempo adormecen os que nos gobernan y non fain cousa que vala pra nada. Se pode ser e muito miyor que señan as elecióis cada quince días sequera. Se nos lo concededes prometémovos nun pidirvos nada nunca máis, pois seguro que non vai faguer falta pos, sendo asína, todo se amañará como el pueblo quer y merece.

Sei qu'é ua cousa muy dilicada esto que vos escribo, peró mentramentres lo pensades quedamos muy agradecíos por todo y mandámovos un abrazo muy grande de parte del grupo que pensamos del mismo xeito. Muitas gracias outra vez y que Dios vos dé salú, pos si vos la dá a vosoutros nosoutros tamén la teremos asegurada. Bras das Figueiras".

Compartir el artículo

stats