Dende fai us anos, varias familias tapiegas fain un sito entre os sous pra acoyer nenos saharauis, y da muito gusto el velos correr polas cayes de Tapia. Al hora da volta, algún tentóu levarse un grifo, na crencia de qu'el augua manaba de xeito milagroso a través de dito tareco.

Peró muito antias de 1960 en qu'a vila tapiega empezóu a disfrutar da canalización del augua doméstica, as fontes, os regueiros y os lavadeiros, foron el recurso natural del qu'as abnegadas madres de familia, botaban mao pral uso diario, prá hixiene, a cocía ou el lavao da roupa.

A Fonte Veya ou Fonte de Félix (en referencia al morador da casa achegada á mesma, Félix Martínez), é dende el siglo XVII, aprosimadamente, a fonte máis antiga y el recurso natural que, procedente dos manantiales del espacio conocido como As Hortas, aprovisionóu del preciado tesouro a os tapiegos, sobre todo a os del veyo Barrio de San Martín. Según reza na placa d'arenisca colocada nel sou frontis, a fonte veya " rehedificóuse (sic) ano de 1.848". Parece ser qu'os rehabilitadores foron os propios vecíos.

Presenta un corpo de mamposteiría en bóveda de cañón, y el sou frente ordénase a modo de luneto, con abertura cuadrada adintelada na súa parte central. Precisamente, como apunte curioso, a soleira inferior foi aprovetada antiguamente pr'afilar cuitelos, polo que presenta un desgaste mui visibre. Inicialmente, a Fonte de Félix tuvo dous muros curvaos de medio metro d'altura, tamén de mamposteiría, qu'arrincaban da parte inferior del sou frente, ofrecendo a os sous visitantes, un xesto d'abrazo o benvida, al tempo, claro, que la abeiraban. Non obstante, a empezos da década de 1970, aprosimadamente, quedóu mutilao el sou brazo dereto y parte del esquerdo, como consecuencia da falta d'escrúpulo dos camioneiros y dirixentes da Fábrica Torfersa, situada na antiga Fábrica de Conservas Terín. Por elo, en aras da súa conservación, Manolita da Fonte foi quen encargóu y pagóu al tapiego taller d'Os Ferreiríos, os tres cerramentos metálicos cos que veu contando hasta hoi. Gracias a elo, consérvase.

Mui cerca da Fonte Veya, y probablemente coetánea a ésta, atópase, a Fonte de María Doncella, cuyas auguas tamén gozaban de gran aprecio entre os tapiegos, pola súa estrema calidá, y cuyos análisis, eran de condo en vez publicaos nos medios locales. En 1925 y debido al sou deteriorao estao de conservación, foi rehabilitada pol Ayuntamiento, pra cayer, en 1940, "secuestrada" pola Fábrica de Conservas Albo que la cercóu, privándonos del sou uso público. Debería recuperarse.

Dende finales del XIX conócese a Fonte dos Biermos, situada al empezo da empinada caye Eugenio Lebredo, y unde parece ser qu'as pescantinas limpiaban a súa mercancía. Esto deu lugar, y a bon seguro que, ante a falta d'un mantenemento de limpeza, al aparición de biermos. El grifo na mitá del sou muro de pedra, remátase con un luneto liso. Quedóu inutilizada coa canalización del augua hasta que, fai poucos anos foi rehabilitada.

"A fonte secóu dos biermos/, y foi pra elos disgracia;/. Cómo hedes fer, meus biermos,/ ¡ condo teñades colada!".

Posiblemente procedente del sobrante d'esta fonte, hai que nun esqueicer a Fonte del Pouso, na parte inferior del muro del mesmo nome, situado en lo alto del anfiteatro del porto. Tuvo al empezo, úa arqueta de granito qu'a modo de lavadeiro foi utilizada con este fin. Desaparecéu despós da Guerra Civil española.

Dende fai muito tempo conócese a Fonte del Pozo, na caye del mesmo nome que, seca na actualidá, presenta un aspecto deplorable. Foi escenario das noites máxicas d'enramadas, por San Xuan, con bailes y cancióis. Por elo imaxinamos qu'inicialmente, debéu ter outro aspecto ben diferente al actual.

Dende finales del siglo XIX disfrutamos da Fonte Nova ou Fonte del Pilón, que de forma circular, y con un fuste central del que salen dous canos (uno xa perdido y con reposto de ¡pvc!), foi bebedeiro del gado, lavadeiro de pescantinas y de roupa, valéndose pra elo das súas cuatro piletas rectangulares. Tal vez debido a súa céntrica ubicación, El Pilón é a máis popular das fontes del conceyo, lo que deu nome a un dos sous máis emblemáticos establecimentos hosteleiros, al grupo de baile tapiego, y é hasta el sito de celebracióis futboleiras, propias y ayías. Debido a esto, y atendendo máis a un anacronismo de parte del Consistorio, qu'á propia hestoria, a súa reproducción en miniatura convertíuse en obxeto de recordo y distinción a foráneos ou homenaxeados. Pos ben, nin siquera por concordancia, se ye presta atención algúa. Na actualidá ta seca. A ela cantábaye el poeta Vargas Vidal:

"También a saludarte, Fonte Nova,

he venido encorvado por el tiempo.

Aún sigues hierática, abundosa,

con tus hilos de plata, sempiternos".

En 1958 el ayuntamento tapiego construíu a Fonte da Talaya, situada nel barrio marineiro del mesmo nome, y al obxeto de daryes augua a os sous vecíos, á espera da canalización municipal, dous anos máis tarde.

Nun nos esqueicemos d'outras fontes que, pola súa ubicación fora da vila, son outra hestoria. A Fonte del Figo, cerca dos Llagos de Silva, ou a Fonte da Virxen, en Casarego, ambas mui apreciadas. En cambio, inda nel entorno urbano, recordamos el regueiro de Maleguas (más leguas), que discurría pol veyo camín que vai dende el centro, hacia a Praya del Murallón (pra entendernos). Foi, igualmente, lavadeiro de roupa, lugar d'encontros y parzamiques, non sin qu'antias, el levantamento da propia muralla (da que sólo se conservan apenas us metros del sou lenzo, na parte este, y unde se debería colocar úa placa nel sou recordatorio), non sin antias, decimos que, dito murallón preservase al poblo da consiguiente polvareda d'arena nordestada.

Tamén recordamos, claro, el regueiro del Córrigos (del latín "corrugi", encauzamento d'auguas), que desemboca nel entrañable lavadeiro de Represas. Pos ben, é neste espacio, felizmente recuperao, unde propoñemos (con escasísima inversión), un Centro d'Interpretación de Lavadeiros y Fontes, a modo d'homenaxe ás abnegadas lavandeiras tapiegas. Pero esto, é tamén outra hestoria.